A un clic de distancia nace como unha iniciativa creativa e participativa que convida a persoas maiores a compartir as súas experiencias co mundo dixital desde as súas propias vivencias.
Nun mundo cada vez máis dixital, resultaría sinxelo que moitas persoas maiores quedasen á marxe desa transformación. Nesta exposición dáselles voz para expresar, desde a súa propia ollada, como viven a tecnoloxía: os seus retos, as súas aprendizaxes e as oportunidades que atopan no bo uso das tecnoloxías no seu día a día para relacionarse cos demais.
Para a elaboración deste material, pasamos un día cos maiores do Concello de Salceda de Caselas, observando como empregan a tecnoloxía na súa vida diaria. Os seus testemuños amósannos que estas habilidades, máis aló de facilitar tarefas concretas, contribúen a que se manteñan conectados coa sociedade e a establecer lazos sociais significativos.
Esta exposición interactiva promove o recoñecemento dos dereitos dixitais das persoas maiores, fomentando como a súa participación plena e activa na sociedade dixital fai que as persoas se sintan máis conectadas.

.jpg)





