top of page

As historias

Margarita Pérez Lemos

Margarita Pérez Lemos

Margarita controla a iluminación, a rega e a música da súa casa grazas a Alexa, un dispositivo que lle achegou comodidade e autonomía sen restarlle independencia. Foron os seus familiares quenes se encargaron de configurala e de ensinarlle como utilizala. Co tempo, Margarita integrou o uso de Alexa no seu día a día: lémbralle tarefas, acompáñalle mentres cociña ou coida o seu xardín. Di que, máis aló da axuda práctica, Alexa converteuse nunha presenza cotiá e próxima, ata o punto de que, se un día non estivese, seguramente a botaría de menos.

Encarna Horrillo Méndez

Encarna Horrillo Méndez

Encarna usa un podómetro no seu móbil para contar os seus pasos diarios e manterse activa e saudable. Encántalle camiñar e os 10.000 pasos diarios moita veces quédanselle curtos. Poder ver os seus resultados, comentalos coas súas amigas e retarse a si mesma son un incentivo real para saír a camiñar tódolos días.

Concepción González

Concepción González

Concepción viaxa xunto co seu marido Jaime usando Google Maps, gozando a planificación e a exploración de novos roteiros. Con aplicacións como esta pode gozar da viaxe concentrándose nas paisaxes e sentindo a tranquilidade de que non se van a perder, se este tipo de aplicacións non existisen probablemente non se atreverían a viaxar tanto.

Jaime Pérez Veloso

Jaime Pérez Veloso

Jaime viaxa coa súa muller e utiliza Google Maps para planificar traxectos e descubrir novos lugares. As primeiras viaxes foron a zonas próximas que coñecían para asegurarse de que a aplicación fose de fiar, pero desde entón xa viviron máis dunha aventura. A maior vantaxe que Jaime atopa a esta  ferramenta do móbil é a liberdade que lle dá para seguir acudindo a lugares co seu propio coche.

Carlos Vaqueiro Mateo

Carlos Vaqueiro Mateo

Carlos combina a súa paixón pola arte coa música mentres traballa no seu taller. Primeiro foi a radio coa que gravaba as cancións que máis lle gustaban en cintas. E como a música foi fío condutor ao longo da súa vida, as novas canles como YouTube ofrécenlle a posibilidade de escoitar os seus temas favoritos de tódolos tempos. Non conseguimos que Carlos nos ensinara en primicia a obra na que estaba a traballar, pero si nos contou que cando a xuventude vai ao taller, permítelles escoller as últimas cancións de moda, para poder ensinarlles logo o que é a boa música de verdade e a través desta ferramenta compartiren inquedanzas musicais.

Angelita Fernández Estévez

Angelita Fernández Estévez

Angelita mantén o contacto coa súa familia en Arxentina mediante videochamadas, rompendo a distancia e compartindo momentos cotiáns. Para ela este é un xesto tan natural que cando chegamos á entrevista percatámonos de que non avisou á súa familia de que a imos a gravar mentres fala con eles e estes sorpréndense ao vernos na cámara. Ao preguntarlle a Angelita por que decidiu cambiar o seu teléfono por un intelixente respóndenos que llo viu a unhas amigas e pensou que por que ela non ía ter tamén un.

Tomás Rodríguez Estévez

Tomás Rodríguez Estévez

Escoita o seu testemuño pulsando aquí

Tomás como presidente dá asociación de xubilados de Salceda encárgase dás novas que envían a través do grupo de difusión para as persoas socias, fortalecendo a rede de veciñanza. Remarcan como coñecer este tipo de ferramentas lles axúda a manterse ao día e poden mellorar a comunicación cos miembros da asociación.

Máximo Martínez Comesaña

Máximo Martínez Comesaña

Escoita o seu testemuño pulsando aquí

Máximo utiliza as canles de difusión como as do concello de Salceda no que reside para manterse informado e activo na vida comunitaria. Isto é algo que xunto con Tomás trasladou á Asociación de xubilados, na que crearon un grupo de difusión para substituír as antigas circulares que mantiñan informadas as persoas a través de correo ordinario. Eles mesmos contan como este novo sistema resulta moi cómodo, pois antes as comunicacións non sempre chegaban aos seus destinatarios e destinatarias finais, xa fose porque se extraviaban ou porque as persoas non se atopaban no seu domicilio para recollelas.

Anxo Boente Rodríguez

Anxo Boente Rodríguez

Anxo foi xornalista de profesión e o costume de manterse ao día de todo o que pasa ao seu carón é algo que o segue acompañando, por iso, infórmase cada mañá a través do seu móbil, participa en grupos de difusión locais e le prensa dixital. Para el, o móbil é unha xanela cotiá ao mundo que o rodea.

Tita Rodríguez Díaz

Tita Rodríguez Díaz

Tita tivo un restaurante durante anos e hoxe segue conectada coa súa paixón pola cociña grazas ao móbil. Busca receitas novas, ve vídeos e adapta os seus pratos clásicos aos que aprende en liña. A tecnoloxía permitiulle seguir gozando do que máis lle gusta: compartir e aprender. Nun futuro non descarta publicar as súas propias receitas en liña. Aínda que polo momento dalgunhas como a do seu prato estrela, que é a lamprea, decide gardar o segredo!

  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • TikTok

© 2025 creado por Fundación Esplai.

bottom of page